DÍA DA DIVINA PASTORA, 29 de Abril

O sábado 29 de abril celebrouse o Día da Divina Pastora. Un día de festa para todos os que formamos parte da Familia Franciscanas Ana Mogas. María Ana nomeouna “Abadesa Perpetua” das súas fillas, as Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor, e desde entón, María sempre foi exemplo de vida e lugar de refuxio #ante as dificultades do día a día. 

É un día grande, no que volvemos a nosa mirada cara a Ela. No seu colo sostén a Jesús, o Bo Pastor, que nos busca a cada un de nós, que perdidos polas présas e o ruído diario afastámonos del. Mentres, María coa súa man, vai guiando a esas ovellas despistadas e as xunta, achegándoas ao mellor lugar no que podemos estar, que é co seu Fillo. 

Todos os colexios que formamos parte desta gran familia celebramos ou celebraremos actos, nos que nos achegaremos a María para mostrarlle a nosa gratitude e agarimo.

A todas as irmás, a todos os membros das comunidades educativas e a todos os que formamos a familia carismática de María Ana Mogas os desexamos:

 Feliz Día da Divina Pastora!

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas

Relacionado

Otras entradas