A INCLUSIÓN É O CAMIÑO

Neste trimestre comezaremos o segundo bloque do Proxecto Deporte e Sostibilidade dedicado á inclusión, a igualdade e a xustiza social. Baixo o lema “A Inclusión como camiño para a Paz,  a Igualdade e a Xustiza Social”, abordaremos nas aulas as seguintes áreas do Pacto Educativo Global vencelladas aos ODS:  

  • DIGNIDADE E DEREITOS HUMANOS: fai referencia ao obxectivo 1, “poñer fin á pobreza en todas as súas formas en todo o mundo”,  e ao obxectivo 4, “garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todos”.
  • EDUCACIÓN E PROMOCIÓN DA PAZ E A CIDADANÍA: inclúe o obxectivo 5, “lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e ás nenas”, e o obxectivo 16, “Promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas”.  
  • FRATERNIDADE E COOPERACIÓN: seguindo o enunciado do obxectivo 10  que busca “reducir a desigualdade en e entre os países”.
  • CULTURA E RELIXIÓNS: que inclúe o obxectivo 16 (promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas) e o obxectivo 17 (Revitalizar a Alianza Mundial para o Desenvolvemento Sostible).

Por iso, durante o mes de febreiro terán lugar unha serie de titorías que nos permitan traballar este tema cos nosos alumnos e alumnas.  Da mesma maneira, o 20 de febreiro celebraremos o Día Mundial da Xustiza Social.

Só se educamos no respecto, a tolerancia e o diálogo conseguiremos unha sociedade máis xusta, inclusiva e en paz.

 

 

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas

Social Media

Últimas entradas

Categorías

Relacionado

Otras entradas