DÍA DA DIVINA PASTORA

DÍA DA DIVINA PASTORA

Este sábado 20 celebrouse a festa de María, Divina Pastora, enchendo as nosas aulas de alegría e celebracións.

María Ana Mogas, na súa vida,  sempre tivo á Virxe María, como nai e intercesora. Baixo a advocación da Divina Pastora, descubriu como María de Nazaret, acóllenos como pastora e no une a nós, “o seu rabaño”, para achegarnos ao seu Fillo Xesús. Ela non permite que ningunha “ovella” se perda, que se afaste demasiado de Deus, e se o fai,  Ela é o camiño que nos reconduce e nos guía.

Así pois, a Divina Pastora definiu o seu estilo de vida, de relacións con outras persoas e de misión evanxelizadora. Un carisma que segue vivo hoxe na nosa comunidade educativa: desde que entramos ao colexio por primeira vez e vémola na capela, ata cando nos despedimos do centro para continuar polo camiño da vida. Ela sempre nos acompañará no noso camiñar.

Por iso, celebremos con alegría a María, Divina Pastora, démoslle grazas por ser a nosa Nai, por guiarnos e acompañarnos todos os días das nosas vidas.

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas

Social Media

Últimas entradas

Categorías

Relacionado

Otras entradas